viernes 23/10/20

O torneo solidario de fútbol sala de Xinzo consegue 1.800 quilos de alimentos para Cáritas

Pola Limia gañaron o Herbas Aromáticas e o Xinzo Femenino

torneo

    As Novas Xeracións Xinzo organizaron a terceira edición do torneo solidario de fútbol sala que este ano conseguiu máis alimentos que nunca. Un total de 1800 quilos de produtos non perecedoiros que teñen como destino a entidade de Cáritas na parroquia. 

O evento deportivo conseguiu reunir a 30 equipos de toda a provincia separados entre as tres categorías previstas para o torneo. Os partidos tiveron lugar entre o sábado e o domingo no pavillón municipal de deportes.  

Na categoría sub 16 participaron 6 equipos e saldouse coa vitoria do Sporting Lameira. Na categoría feminina venceu o Xinzo Feminino, en segundo lugar quedou o Kanela Drink de Cea e en terceiro lugar o Antela F.S.

Na categoría de afeccionados, a máis numerosa con 18 equipos,  venceu o Herbas Aromáticas de Xinzo que disputou a final contra o Támega de Verín. En terceiro posto quedou La Mafia del Amor que gañaron o encontro fronte o Flumen-caser seguros. 

O premio ó porteiro menos goleado recaeu sobre Cristian D.A, do Herbas Aromáticas e Noelia Caseiro do Xinzo Feminino. Os máximos anotadores foron Xosé de La Mafia del Amor e Mila do Xinzo Feminino. 

O presidente das Novas Xeracións, Jose Antonio Parente, di sentirse moi satisfeito polo resultado do torneo e sinala que "quero agradecer a participación dos equipos, o concelleiro de deportes e resto de persoal da concellería así como ós patrocinadores e asistentes que fixeron posible que poidamos entregar todos estes alimentos a Cáritas".

 

Comentarios