A Concellería de Turismo pretende converter a Torre de Pena no principal atractivo turístico de Xinzo

torre da pena
A Concellería de Turismo pretende converter a Torre de Pena no principal atractivo turístico de Xinzo

Segundo se desprende das declaracións a La Región do Concelleiro de Turismo de Xinzo e \“futuro\” parlamentario galego, Carlos Gómez, a Torre de Pena, despois de rematados os traballos que está a levar a Xunta converterase non principal reclamo para que os turistas se acheguen a nosa vila.

INFORME EMPRESA CITANIA ARQUEOLOXÍA

Varias son as propostas que a empresa fai nun informe entregado ao Concello despois de rematados os traballos de levantamentos planimétrico e topográfico realizados no perímetro da torre. A empresa recomenda continuar coas escavacións arqueolóxicas porque, que "pode haber novas estruturas que mereza a pena conservar e as actuacións previstas condicionarían ese suposto". Para estes novos traballos aínda non hai prazo nin presuposto afirma Carlos Gomez pero, "non é cuestión de facer unha posta en valor urxente e deixar partes esquecidas do que pode conter ese recinto".

XORNADAS CULTURAIS DE POSTA EN VALOR

Para crear unha verdadeira área turística que inclúa a fortaleza, o barrio de Abaixo o Mosteiro de Trandeiras e o Museo do Entroido mais o patrimonio inmaterial como é o Entroido, o Concello de Xinzo prepara a celebración dunhas xornadas culturais.

Preténdese que algúns dos arqueólogos que participaron nas actuacións últimas na Torre e outros técnicos e historiadores participen nunhas xornadas , que se poderían celebrar en breve prazo, onde se explique aos veciños e visitantes a importancia da construción milenaria da Torre. "Trátase dun lugar auténtico, virxe e pouco alterado que ademais se atopa en moi bo estado de conservación", continúa dicindo o concelleiro de Turismo.