miércoles 5/8/20

Unha veciña de Rebordechá sabotaba a báscula de vehículos agrícolas cun martelo e deterxente

Tras meses de danos os veciños instalaron unha cámara para descubrir a autora dos feitos REDACCIÓN [email protected] Twitter:@Dendealimia “Moi cabreados”, así están os veciños...
Sin título
Sin título

Tras meses de danos os veciños instalaron unha cámara para descubrir a autora dos feitos

REDACCIÓN

[email protected] Twitter:@Dendealimia

“Moi cabreados”, así están os veciños de Rebordechá coa veciña que se dedicou durante meses a sabotarlles cun martelo e deterxente a báscula para vehículos agrícolas. Así o explicaba José González Pérez o presidente da comunidade veciñal que xestiona a máquina pesadora, en declaracións á TVG.

Despois de máis de catro meses sen poder usar  a pesa que empregan moitos agricultores da comarca para pesar as colleitas de pataca ou cereal, e 5.000 euros en danos,  José González decidía instalar unha cámara para descubrir ao autor dos feitos. E “aos dous días caeu quen nos estaba a facer estes danos. É unha veciña e o motivo pois non sei, o que ela pensaba, pensaba que non ía caer, pero por sorte caeu”.

Coas gravacións na man, o representante dos veciños interpuxo unha denuncia no cuartel da Garda Civil e agora a presunta sabotadora terá que dar explicacións no xulgado de Xinzo.

Unha veciña de Rebordechá sabotaba a báscula de vehículos agrícolas cun martelo e...
Comentarios