sábado 5/12/20

Os veciños das Conchas denuncian que a situación do encoro é alarmante

Ante o mal aspecto das augas, o grupo de investigación ALBITOX da Universidade madrileña levou a cabo un novo muestreo...
recogiendo muestras
recogiendo muestras

Ante o mal aspecto das augas, o grupo de investigación ALBITOX da Universidade madrileña levou a cabo un novo muestreo durante o mes de agosto

REDACCIÓN

O grupo de investigación ALBITOX da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid, ven de levar a cabo durante o mes de agosto, un muestreo nas augas do encoro de As Conchas. Os estudos establecen que a situación é alarmante. E os veciños aseguran que o aspecto que ofrece a presa é “preocupante”, pois nela obsérvanse “grandes cúmulos tipo puré de guisantes nas marxes, intensa cor verdeazulada da auga, malos olores e sabores …”.

Ante tal situación, os membros da AA.VV. das Conchas decidiron “recadar información” sobre o traballo que están a realizar os expertos. E o certo é que o que lles explicaron, non fai máis que aumentar o seu desasosego. O vento que soprou durante os últimos días mesturou as augas de tal maneira, que a gran proliferación da cianobacteria Microcystis que xa existía, repartiuse por toda a columna de auga. A Microcystis aeurxinosa, produce entre outras substancias unha hepatotoxina tan potente, que está regulada pola Organización para a Prohibición das Armas Químicas. Trátase da cianobacteria que ten producido maiores problemas de toxicidade no mundo, e de aí parten as preocupacións do veciños. O contacto con ela pode producirse tanto polo consumo, como mediante o baño, ou a inxesta de hortalizas regadas con auga contaminada.

Malas prácticas agrogandeiras

O estudo deste encoro ten un grande interese científico para os expertos, pois está sufrindo unha contaminación anormalmente rápida. Entre as hipóteses que se barallan para explicar este fenómeno, cada día toma máis forza a das malas prácticas agrogandeiras.

Desde a AA.VV. de As Conchas aseguran que lles “resulta difícil entender que unha zona de tan alto valor ecolóxico” como é na que eles viven, por estar encadrada no Parque Natural Serra do Xurés, “teña chegado a esta situación, que ademais non se debe a un problema natural, senón a malas prácticas levadas a cabo polo home”.

Comentarios