Viaqua asegura que a auga da billa, pódese beber con toda tranquilidade

IMG_20210716_152255
Viaqua asegura que a auga da billa, pódese beber con toda tranquilidade

No día de hoxe a auga que sae da billa sae un pouco alourada

Fontes de Viaqua aseguraron fai poucos minutos que este problema quedará subsanado ao longo do día en canto se asente.

Tivemos unha avaria, que xa está arranxada, pero mentres non se asente a auga sae da billa non todo o clara que é normal, pero ao longo do día volverá a claridade normal. Recordar que se pode seguir bebendo sen ningún problema.