miércoles 28/7/21
Cultura

A vila natal de Curros Enríquez recibe aos alumnos dos colexios que levan o seu nome

Celanova recibiu a un total de 130 rapaces e rapazas.

Xornada convivencia Curros Enríquez 2017 Celanova
Imaxe da xornada de convivencia.

Onte tivo lugar en Celanova, unha convivencia moi especial entre alumnos dos colexios Curros Enríquez de Galicia. Un total de 130 alumnos dos CEIP Curros Enríquez de Ourense, do de Celanova e do da Coruña, desfrutaron na vila natal do autor dunha xornada de convivio para coñecer mellor a súa figura.

Un total de 130 rapaces.

Na imaxe pode verse a todos os participantes na Praza Maior de Celanova, acompañados polo Presidente da Fundación Curros Enríquez e Alcalde de Celanova, José Luis Ferro, no momento do seu recibimento na vila celanovesa.

Comentarios