miércoles 3/3/21

Volve a feira do 27

Xinzo recupera o próximo sábado as feiras despois de 5 meses e con estritas medidas de seguridade

Reunión coa Policía Local polas feiras
Reunión coa Policía Local polas feiras

As feiras volverán o sábado a Xinzo despois de 5 meses de suspensión pola situación sanitaria, unha vez que o venres entrarán en vigor a novas medidas de alivio. Así o acordou hoxe o Goberno local nunha reunión entre a alcaldesa, Elvira Lama; o concelleiro de Tráfico, Ramón Gómez, e o responsable da Policía Local.

Ademais, estará aberta a todo tipo de postos, sempre e cando teñan ao día a licenza de venda ambulante, de tal maneira que poda haber un maior control sobre a seguridade e o aforo dentro de recinto que se habilitará para a instalación dos mesmos.

Para o próxima feira, o sábado 27, os e as ambulantes que non estean en posesión da licenza poderán tramitala ata o venres. Para as feiras do resto do ano, o Concello habilitará un novo prazo excepcional ata o próximo 14 de marzo, data da primeira feira do mes vindeiro, dado que o prazo ordinario rematou o 31 de decembro de ano pasado.

A feira terá lugar nas rúas Alexandre Bóveda, a explanada do Toural e tamén parte da rúa Carmen Nóvoa si fora preciso.

Como ocorreu nas últimas citas (a anterior feira foi en setembro), o espazo habilitado para os postos estará perimetrado, con controis de acceso e saída nos que se facilitará xel a todas as persoas que accedan e salgan do recinto. Disporase, ademais, un dispositivo especial coa Policía Local e Protección Civil, co reforzo da Garda Civil.