Xa se acabaron os bonos de compras de ProLimia

arbol nadal praza Maior de Xinzo
Xa se acabaron os bonos de compras de ProLimia

Na tarde de onte vendéronse os últimos

En menos de unha semana os seiscentos bonos que o comercio de ProLimia en colaboración co concello de Xinzo xa acabaron os bonos de 50 € que puxeran a venda ao prezo de 35.

TRINTA MIL EUROS EN COMPRAS EN XINZO

A venda dos 600 bonos supón que o pequeno comercio da vila terá garantidas vendas por valor de 30.000 €. Recordar que estes bonos solo poderán ser canxeados (gastados) nos establecementos que se adheriron a campaña previamente e que se destinguen por ter no establecemento o cartel da campaña.

DE MOMENTO NON SE PORÁN MÁIS A VENDA

De momento, para esta campaña non se porán máis bonos a venda, a non ser que o concello de Xinzo habilite outra partida presupuestaria de axuda para continuar coa campaña, cousa que non estaría descartada, tendo en conta que polo camiño que levamos, moito nos tememos que o Entroido 2022, quedará outra vez moi mermado de actividades co que se poderían retraer parte deses cartos que non se van a gastar para seguir axudando ao comercio.