15 de marzo de 2015, 22:17
Segundo o portavoz da plataforma Manolo Pérez Campos , que non o candidato(de momento) o único que se quixo facer con esta asemblea era dar o pistoletazo de saída a plataforma cidadá que se presentará a estas eleccións municipais.
Aínda faltan un par de reunións mais para facer a lista, de momento aínda non se fala nada delo.
Segundo podemos saber, xa confirmado polo representante de CxG, acudirán formando parte da candidatura. O que deu a entender o Sr. Pérez Campos foi que o circulo de Podemos de Xinzo apoiará a plataforma, pero non está claro que participe nela cos seus candidatos.