viernes 23/4/21

Xinzo abrirá a hostalería a partir da media noite do xoves

Poderá permancer aberta  todos os días ata ás 5 da tarde
Plaza Maior pechada
Plaza Maior pechada

O Presidente Feijjóo anunciou esta mañá a situación de cada zona de Galicia cara a unha desescalada. Xinzo permanece nun nivel MEDIO-ALTO, pero permítese a apertura da hostalería ata ás 5 da tarde, ademais de poder estar 4 persoas non convivistes nunha mesma mesa.

Haberá  que esperar, comentaban os hostaleiros polo DOGA de mañá para ver a "letra pequena" das novas normas.

En principio os aforos do interior serán do 30% e nas terrazas do 50%.

DUBIDAS:

Algún hostaleiro preguntábase esta tarde sobre que pasará despois desa hora de peche. Os que teñen comida para domicilios, poderán seguir abertos?. Supoñemos que estas e outras dúbidas despexaranse mañá pola maña.

Comunicado oficial:

No nivel de restrición medio-alto (para os concellos de máis de 10.000 habitantes, que teñan unha incidencia aproximada de entre 150 e 250 a 14 días e para os de menos de 10.000 habitantes cunha incidencia de máis de 250 a 14 días), a apertura da hostalería realizarase cun 30% de aforo no interior e un 50% no exterior, ata as 17 horas e cunha agrupación máxima de 4 persoas coniventes ou non coniventes.

Nesta situación atópanse, neste momento, as seguintes zonas: a améndoa de Ferrol (Ferrol, Fene y Neda); a améndoa de Vigo (Vigo, Mos, Nigrán e Gondomar); a améndoa de Vilagarcía e Vilanova; os concellos individuais de máis de 10.000 habitantes -Lugo, Lalín, Cangas-; a améndoa Coristanco, Cabana, Malpica, Ponteceso; a améndoa Meis, Meaño, Ribadumia; a améndoa de Cee, Dumbría, Muxía; e concellos individuais de menos de 10.000 habitantes -Oroso, A Guarda, Vimianzo, Ribadavia, Xinzo e Vilaboa-.