viernes 03.04.2020
Xinzo Adiante

Xinzo Adiante celebrou o seu magosto

A formación política limiá celebrou o seu xa tradicional magosto no Campo da Feira de Xinzo de Limia.

Un dos momentos do magosto con Manuel Pérez, voceiro de Xinzo Adiante, no centro.
Un dos momentos do magosto con Manuel Pérez, voceiro de Xinzo Adiante, no centro.

A formación política asemblearia Xinzo Adiante, celebrou o seu magosto na fría noite do sábado, día 2 de decembro. O lugar escollido pola terceira forza política da capital da Limia, foi o Campo da Feira, ao igual que en anos anteriores.

IMG_6280

Algo máis de medio cento de persoas se achegaron ao festexo, que estivo acompañado de churrasco, bos chourizos e –como non podía ser doutro xeito– castañas en abundancia.

Os tres concelleiros –Manuel, Xosé Miguel e Francisca– estiveron acompañados por decenas de militantes e simpatizantes da formación.

O frío non foi impedimento para que Xinzo Adiante fose quen de reunir a máis xente que en anos anteriores.

IMG_6283IMG_6282IMG_6278