Xinzo a cabeza de contaxios covid de España

XINZO
Xinzo a cabeza de contaxios covid de España
Todo isto se esperaba, pero por iso, non deixa de ser unha malísima noticia para o concello de Xinzo e para a Limia

Segundo os datos que aportou esta mañá o propio concello, despois do cribado do sábado subiu a 203. Esto significa segundo o baremo estaríamos por riba dos 2.000 casos/100.000 habitantes.

Os casos de contaxiados en Xinzo non deixan de medrar. Hoxe alcanzamos un novo pico histórico, con 203 nunha poboación de menos de 10.000 habitantes, un dos índices máis altos do país.

Todas as precaucións son poucas. E por iso decidimos adiantar o toque de queda local, pola vía da recomendación, así como outras medidas que se detallarán hoxe mesmo non bando.

Ánimo e forza a todos e todas.