viernes 30/10/20

Xinzo centro de operacións dunha das maiores redes de venda de roupa falsificada de España

A Garda Civil detivo a 76 persoas en todo o estado no marco da “Operación Walking” na que se incautaron...
Falsificadores

A Garda Civil detivo a 76 persoas en todo o estado no marco da “Operación Walking” na que se incautaron de mercancía por valor de máis de dous millóns de euros

REDACCIÓN

A Garda Civil desarticulou unha das maiores organizacións de distribución e venda de produtos de marca falsificados en España, que tiña a localidade de Xinzo de Limia como centro de operacións. No marco da “Operación Walking”, as autoridades detiveron a 76 persoas en todo o estado, varias en Ourense, e incautáronse de mercadoría valorada en máis de 2.400.000 euros.

O material procedía de Portugal e era almacenado en distintas naves da vila limiá. Para distribuílo empregaban empresas de paquetería que o facía chegar a distintas provincias españolas, entre elas Cádiz, Sevilla, Huelva, Badajoz, Álava, Cidade Real e Albacete. Os encargados de vender as falsificacións eran persoas procedentes do Margreb e da África Subsahariana, que a organización captaba debido á súa situación persoal e económica vulnerable.

A organización empregaba un complexo sistema de enxeñería financeira, que mediante o uso de testaferros e sociedades interpostas, permitíalles incluír no círculo legal os grandes beneficios obtidos con estas actividades que foron utilizados para o financiamento do crime organizado, segundo explicou o Instituto Armado.

Comentarios