sábado 5/12/20

Xinzo consternado pola perda de Susana

Esta célebre moza limiá, filla de Juan Pérez, un dos principais organizadores do Entroido da vila, deixounos aos 39 anos de idade

REDACCIÓN

[email protected]

Esta mañá deixábanos Susana Pérez Rodríguez, filla do célebre Juan Pérez, traballador do Concello e un dos principais organizadores do Entroido da vila. Esta moza limiá falecía en Xinzo con tan só 39 anos de idade, vítima dunha grave enfermidade.

Unha perda tan inxusta e precipitada que deixou aos veciños, especialmente aos máis novos, derrotados. Hoxe Xinzo chora por Susana. Mañá, a súa familia e amigos despedirán os seus restos mortais nunha cerimonia ás catro da tarde.

Desde Dende A Limia, e seguros de que representamos o sentir de tódolos veciños, queremos expresar as nosas condolencias a tódolos seres queridos de Susana.

Comentarios