jueves 09.04.2020
Pleno de guante branco o de onte a tarde en Xinzo

Xinzo faralle un recoñecemento público a matrona Genoveva Váquez

O mellor  foi un “rifi rafe” moi irónico e sarcástico entre o concelleiro de deportes e o portavoz do PP

Xinzo faralle un recoñecemento público a matrona  Genoveva Váquez

Con case un mes de retraso, que a alcaldesa xustificou polo retraso dos presupostos e por facelo coincidir co sorteo das mesas electorais, a corporación local celebrou un pleno ordinario no que, de ante man,  so dous ou tres puntos a tratar eran en si,  directamente relacionados coa vida diaria do noso concello.

O primeiro foi o acordo por unanimidade o recoñecemento público a Genoveva  Vázquez a   polo seu traballo como matrona.

                               O seguinte foi unha proposta de todos os grupos para a creación dunha nova residencia de 3ª idade en Xinzo. Debe ser a quinta vez que se fala nos plenos, pero que se sepa ata agora non hai nada feito. Sendo Cabas alcalde, algo anunciou, pero parece ser que solo eran “bombas de palenque”.
A continuación tratouse unha moción conxunta de todos os grupos políticos a instancia do equipo de goberno, para instar a Real Academia Galega para que o día dás Letras Galegas 2021, sexa dedicado  a Antón Tovar.
Acordaron tamén por unanimidade o convenio cos Concellos de Sandiás, Sarreuas, Trasmiras e V. De Barrio para un obradoiro de emprego conxunto e a modificación da ordenanza da praza de abastos para que certos postos, poidan ser dedicados a panadería etc.

ROGOS E PREGUNTAS  CON MOITA SORNA
                               Como en todos os plenos o último punto refírese a rogos e preguntas de diversas cuestións, estas si relacionadas co día a día da vida no Concello onde a unha solicitude por parte da oposición do PP a que se prenderán unhas lámpadas na rúa que vai a carón do río na rúa do antigo taller de Sito Rúa, o concelleiro responsable Sr. Penabad, contestoulle que xa estaban acesas. Ante tal resposta o portavoz do PP, non daba creto, porque segundo el non hai ningún farol nese tramo. Volveulle a contestar que esas “farolas”  si estaban acesas, pero noutro sitio, a onde as cambiaran o seu grupo cando gobernaba, deixando todo ese tramo sen iluminación xa fai máis de 5 anos. Paradoxos da política!