Xinzo homenaxea a tres membros da Policía Xudicial pola súa labor

2
Xinzo homenaxea a tres membros da Policía Xudicial pola súa labor

Os gardas que recibiron o recoñecemento de honra foron Alberto Gómez, Juan Francisco Iglesias e Manuel Leopoldo Joga.

Na mañá de hoxe, o Concello de Xinzo de Limia, homenaxeou a tres membros da Policía Xudicial da Garda Civil da vila en recoñecemento ás actuacións abordadas por estes axentes nos últimos anos en materia de roubos e diversas operacións antidroga.

O alcalde destacou o "orgullo" que supón para Xinzo contar con eses tres profesionais.

O acto tivo lugar no Salón de Plenos da casa consistorial e a el asistiron varios membros da corporación municipal. O alcalde, Antonio Pérez, tomou a palabra en primeiro lugar para anunciar que se levará o pleno o recoñecemento aos axentes de maneira oficial, pois "ten máis validez".

Os gardas que recibiron o recoñecemento de honra foron Norberto Gómez, Juan Francisco Iglesias e Manuel Leopoldo Joga. A continuación o rexedor da capital da Limia enumerou algunhas das máis importantes actuacións levadas a cabo en Xinzo polos homenaxeados. O recoñecemento que posteriormente lle entregaría foi un pin de ouro da pantalla do Entroido de Xinzo. Trala imposición dos recoñecementos, o alcalde destacou o "orgullo" que supón para Xinzo contar con eses tres profesionais.