jueves 6/8/20

Xinzo honra a labor dos seus devanceiros

Unha praca no cemiterio municipal agradece aos antepasados o seu apoio á cultura e llingua galegas REDACCIÓN Desde o pasado domingo, unha...
IMG_9077
IMG_9077

Unha praca no cemiterio municipal agradece aos antepasados o seu apoio á cultura e llingua galegas

REDACCIÓN

Desde o pasado domingo, unha praca no cemiterio municipal recorda a labor realizada en prol da lingua e a cultura galegas de todos os antepasados limiaos. E faino con estas palabras: "Na memoria de todos os que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter lingua e cultura de seu". Un xesto de agarimo e recoñecemento a todos os que no seu día a día, loitaron pola normalización do idioma e a súa preservación. Foi un acto orquestrado polo Grupo de Estudos Históricos da Limia, que puña a guinda a unha semana de actividades na honra do día da Restauración da Memoria Lingüistica de Galicia.

Fixo de mestre de ceremonias Antonio Rodríguez Corbal, voceiro do CDR O Viso de Lodoselo, acompañado de Edelmiro Martínez Cerredelo, colaborador desta casa, e representante do Grupo de Estudos Históricos da Limia. Estiveron así mesmo, arroupados por un bo número de veciños da comarca. Máis dun centenar de aisistentes, que fixeron seu o lema que xa acompañou á conferencia que tiña lugar a semana pasada sobre a normalización nos camposantos galegos: "En galego, agora e sempre".

Comentarios