jueves 09.04.2020
ÚLTIMA HORA

Xinzo pecha tódolos recintos deportivos, culturais e educativos dependentes do Concello

Suspende tamén todas as actividades neses centros

O Concello de Xinzo, seguindo as recomendacións dos gobernos de España e Galicia, acordou suspender as dúas feiras do mes de marzo (os días 14 e 27) e a actividade e uso en tódolos centros municipais ata novo aviso.

Casa culturaA decisión foi adoptada na Xunta de Portavoces por responsabilidade, co respaldo das autoridades sanitarias e, sobre todo, pensando no ben xeral da poboación. O acordo, feito público a través dun bando da alcaldía, afecta aos seguintes centros e instalacións:

  • Pavillón Polideportivo.
  • Piscina climatizada.
  • Biblioteca municipal.
  • Campos de fútbol.
  • Casa da Cultura
  • Escola municipal de gaitas e percusión.
  • Centros sociais dos pobos.
  • Conservatorio Municipal
  • Recinto feiral.

Ademais,  recomenda que as xestións se realicen por teléfono ou telematicamente a través da sede electrónica (https://xinzodelimia.sedelectronica.gal/info.0) e que só se acuda ao Concello nos casos en que sexa estritamente necesario.

Igualmente, no Bando firmado pola alcaldesa, Elvira Lama, pídese ás persoas maiores ou con patoloxías varias que eviten saír das súas casas. E con carácter xeral, que toda a poboación siga con disciplina as medidas de prevención recomendadas polos gobernos de Galicia e España.

Por último, a Corporación local no seu conxunto fai un chamamento á responsabilidade persoal dos veciños e veciñas  de Xinzo de Limia, invitándoas a manter a calma pero extremando sempre as precaucións, evitando aglomeracións e desprazamentos innecesarios.