lunes 06.07.2020
"Creamos contenidos que venden sin dar la sensación de que estemos vendiendo nada.(Xosé Carballo)"

O concello de Xinzo contrata a unha empresa que dirixe Xosé Carballo para levar a comunicación

Periodista e experto en comunicación

 

Xosé Ramón Carballo
Xosé Ramón Carballo

Fíxose cargo da responsabilidade de dirixir e asesorar na comunicación do Concello  o 7 de marzo pasado.

Ourensán, do Carballiño, leva xa moitos anos unido a Limia dende que formou parella  coa Limiá Laura Seara.

carballoLigado ao PSOE dende que Pachi Vázquez fora candidato a Xunta de Galicia e Conselleiro de Medio Ambiente no goberno bipartito da Xunta, do que foi o seu xefe de prensa. A partir de ai seguiu ligado a comunicación, facendo parte do gabinete de Eduardo Madina cando se presentou contra o actual Presidente do Goberno Pedro Sánchez para optar a Secretaría Xeral do Partido Socialista.
Actualmente, ademais de ser tertuliano de varios programas radiofónicos dirixe unha empresa de comunicación que traballa a nivel nacional e internacional, dende Ourense.
Unha das definicións do traballo da súa empresa é a de que:

Creamos contenidos que venden sin dar la sensación de que estemos vendiendo nada.(Xosé Carballo) (Linkdin público)