martes 22/9/20
O ALCALDE DEIXA DE ESTAR IMPUTADO POLA DENUNCIA DO SECRETAQRIO

A Xuíz de Xinzo non ve motivos para imputar o alcalde pola denuncia do xa ex-secretario

Balón de oxíxeno para Antonio Pérez

Despois dun ano de que o, naquel momento secretario e adxunta a secretaría, denunciaran o alcalde por coacción  e revelación de secretos.

Todo xurdira polo precinto que o alcalde decretara sobre o ordenador do devandito secretario. Daquela e doutras decisión o secretario e mais a adxunta presentaron a súa renuncia o posto de traballo a vez que se foron o xulgado para presentar unha denuncia contra o rexedor municipal. Denuncia que agora a xuíz decreta o sobreesimento da mesma.

Segundo o dictamen da  xuíz di entre outras cousas: “ non aparece debidamente xustificada a perpetración de delito algún”.

Non existe continúa dicindo “INDICIO ALGÚN”  sobre o descubrimento ou revelación de secretos. Tamén afirma a xuíz que non hai indicios de delito por coaccións na medida tomada polo rexedor para aclarar o contido do ordenador.

Parece ser que os ex –funcionarios xa presentaron un recurso contra a decisión  xudicial.

Quen non recorrerá loxicamente e o alcalde Antonio Pérez, que onte se felicitaba polas conclusións do xulgado.

Comentarios