martes 20/10/20

O XULGADO DE XINZO NON VE NINGÚN DELITO NO CASO DO BAR ARCOS

Comunica o sobresemento da denuncia presentada no seu día

alcalde xinzo2

En tan solo 3 semas o xulgado de Xinzo dictou un acto de “sobresemento” no caso da denuncia dos propietarios do Bar Arcos, na rúa dos viños de Xinzo, na que pretendían inculpar o Alcalde, o Arquitecto do Concello e a outro arquitecto máis por un delito de presunta prevaricación.
Fai 3 semanas que tiveron que ir a declarar, acto que se resolveu en pouco tempo, e segundo comenta o Alcalde ,Antonio Pérez, el xa saía convencido de que o percorrido da denuncia non ía ir moi lonxe.
SATISFEITO E DECEPCIONADO A VEZ.
En declaracións de Antonio Pérez a dendealimia di estar , loxicamente moi satisfeito, aínda que xa contaba con elo, e a vez decepcionado pola actitude dos donos. Despois de estar reunidos no Concello para explicarlle a situación na que se encontraba persoalmente,  en ningún momento contaba coa denuncia, posto que na última reunión  para ver de axudar o veciño co problema que tiña, el xa había interposto a denuncia no xulgado facía 3 días.
SE NON TOMARA ESA DECISIÓN DO PRECINTADO, SI PREVARICARÍA
A situación, era moi clara. Os técnicos do Concello, máis a secretaría asinan uns informes no que se me esixe, como alcalde que precinte o edificio por risco de derrube. Si eu me negara, si que entón estaría prevaricando.
 

Comentarios