sábado 31/10/20

A Xunta convoca axudas para paliar os danos causados polo xabarín en cultivos

xabarin

    A Consellería de Medio Ambiente conta cunhas axudas para paliar os danos causados polo porco bravo nos cultivos. Así as cousas, para solicitalas deberanse cumprir unha serie de requisitos. 

O primeiro deles é que que os danos deben ser en terreos de titulares de granxas que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, o REAGA. No momento no que o animal faga estragos nos cultivos, os propietarios deberán porse en contacto coa consellería no 012 para comunicarlle o incidente. Deberán facelo nun prazo máximo de 3 días dende que se produce o dano. 

Os técnicos da consellería serán os encargados de comprobar os estragos feitos polo xabarín e tramitarán a axuda. O importe da mesma calcularase segundo a valoración dos cultivos cun máximo de 1.500 euros por persoa e ano. O prazo para solicitar este tipo de achegas remata o 10 de outubro. 

 

Comentarios