martes 11/5/21

O Goberno galego investirá 300.000 euros na ampliación da residencia de Porqueira

A Conselleira de Política Social visitou a ampliación da residencia de Porqueira

156949500_157586702859265_1040388357516701948_o

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que a cooperación institucional permitirá duplicar a capacidade da residencia de Porqueira, ao pasar de 24 a 46 prazas. Manifestouno durante unha visita ás obras na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e da alcaldesa da localidade, Susana Vázquez.

O Goberno galego asumirá parte do custe desta actuación que se prevé rematar antes de que finalice o ano. En concreto, a Administración autonómica investirá 300.000 euros, un importe que completarán a Deputación de Ourense e o propio Concello de Porqueira. “Un traballo colectivo que persegue o noso obxectivo común: ofrecer aos cidadáns o maior número de servizos e da mellor calidade”, apuntou a conselleira.

porqiueira 1

Fabiola García destacou que esta obra é un dos proxectos interrompidos pola pandemia que se retoman. Así mesmo, lembrou que os usuarios desta residencia tamén están volvendo á normalidade ao poder saír a dar paseos e recibir ata tres visitas semanais por dúas persoas de referencia.