viernes 17/9/21

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense reuniuse por videoconferencia coa alcaldesa de Porqueira

O novo representante do Goberno autonómico analizou coa rexedora sobre os  temas relacionados coa administración autonómica

040221 Audiencia telemática alcaldesa de Porqueira 1
040221 Audiencia telemática alcaldesa de Porqueira 1

040221 Audiencia telemática alcaldesa de Porqueira 2O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
Reuniuse por videoconferencia coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, coa que analizou as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica. Os principais asuntos que repasaron foron sobre medidas forestais e agrícolas, e mellora das infraestruturas urbanas. Tamén falaron da recente concesión dunha caldeira de biomasa na residencia e maiores por un importe de 34.523 euros para fomentar tanto o uso das enerxías renovables como unha maior eficiencia enerxética, así como da execución de melloras nos parques infantís do concello.