miércoles 01.04.2020

Un home foi atropelado polo seu propio tractor

Hoxe as 17:15 en Porqueira
Foto arquivo dendealimia
Foto arquivo dendealimia

Un home resultou atropelado polo seu propio tractor tras sufrir unha caída.

Ocorreu ás 17:15 horas na localidade ourensán de Porqueira, tal e como indicou a persoa que contactou co 112 Galicia para alertar.

Tras a súa chamada, activouse un operativo do que formaron parte os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao lugar, a Rúa do Río, a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense co fin de facilitar a rápida evacuación do ferido.

Cos servizos médicos colaboraron os Bombeiros de Xinzo, membros do GES de Muíños e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Cómpre indicar que a persoa estaba liberada e accesible, malia que o tractor pasoulle por enriba despois de sufrir unha caída.