miércoles 30/9/20
As lapas afectaron a unha superficie estimada de 2,8 hectáreas na localidade ourensá

Estabilizado un incedio forestal en Porqueira (Ourense)

O lume rexistrouse ás 17:18 horas desta tarde, na parroquia de San Salvador de Sabucedo, no concello ourensán de Porqueira.

Noutra parroquia da comarca, en Morgade (Xinzo de Limia), tamén se declarou un icendio forestal que se deu por apagado ás 19:04 horas. 

As lapas queimaron 2,8 hectáreas na localidade de Porqueira, en Ourense. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
As lapas queimaron 2,8 hectáreas na localidade de San Salvador de Sabucedo, en Porqueira (Ourense). | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Segundo fontes de Medio Rural, as primeiras lapas rexistráronse cara as 17:18 horas da tarde de hoxe, domingo 30 de agosto, na parroquia de San Salvador de Sabucedo, en Porqueira (Ourense).

As lapas aproximáronse perigosamente a unha vivenda no pobo da Gándara pero non chegaron a alcanzala.

O lume está estabilizado dende as 19:08 horas e afectou a unha superficie estimada de 2,8 hectáreas: 1,8 ha de terreo raso e 1 ha de arborada. 

Nas labores de extinción mobilizáronse: 2 avións, 1 helicóptero, 3 axentes forestais, 6 brigadas e 4 motobombas. 

Conato de incendio forestal en Morgade

Un segundo incendio forestal foi declarado durante a tarde deste domingo, na parroquia de Morgade, en Xinzo de Limia (Ourense). 
O lume, que se iniciou ás 18:29 horas, deuse por estabilizado ás 18:43 horas tras queimar unha superficie estimada de 0,05 hectáreas. 
Ás 18:50 horas, pouco tempo despois de estabilizarse -segundo informa Medio Rural-, as lapas estaban controladas e o incendio deuse definitivamente por apagado ás 19:04 horas da tarde.
Nas tarefas de extinción participaron medios terrestres: 1 axente e 1 brigada. 

Estabilizado un incedio forestal en Porqueira (Ourense)
Comentarios