jueves 09.07.2020

MEDIO AMBIENTE PREVÉ QUE ESTE VERÁN SE INICIE A TRAMITACIÓN AMBIENTAL DOS PLAN MUNICIPAL DE PORQUEIRA

Ángeles Vázquez repasou coa alcaldesa de Porqueira  a tramitación avanzada do  proxecto de ordenación urbanística no que vai de ano

MEDIO AMBIENTE PREVÉ QUE ESTE VERÁN SE INICIE A TRAMITACIÓN AMBIENTAL DOS PLAN MUNICIPAL DE PORQUEIRA

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda prevé que este verán se poda iniciar a tramitación ambiental dos Plans básicos de ordenación municipal (PBM) de Porqueira e Triacastela. Así llo adiantou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado, coa que mantivo unha videoconferencia para abordar as fases e trámites avanzados ao longo de 2020.

Ángeles Vázquez sinalou que o proxecto de PBM camiña, pois no mes de abril se lle trasladou aos equipos redactores correspondentes o informe de integridade documental para que modifique e complete certos aspectos do documento, antes de iniciar o seguinte paso: a súa tramitación ambiental.

tg_carrusel_cabecera_grandeO Plan Básico Municipal é unha ferramenta impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pensada para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamento xeral; co obxectivo de dotar a estes concellos galegos (os de menos de 5.000 habitantes) dun instrumento urbanístico básico que lles permitirá ofrecer unha capacidade de acollida residencial e económica que dea resposta ao desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística, pero sen establecer criterios de crecemento urbano.

No caso concreto de Porqueira, un concello con 815 habitantes, este non dispón de ningunha figura de planeamento xeral aprobada, polo que reúne as características requiridas na Lei do Solo de Galicia para poder contar cun PBM. Ne sentido, o borrador presentado recolle a presenza duns 30 núcleos rurais delimitados, e dun Ben de Interese Cultural (a Torre da Forxa), nove elementos arqueolóxicos, 20 elementos de arquitectura e 79 elementos etnográficos.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que os plans básicos municipais dotarán a este tipo de concellos dunha ordenación básica, que estará vixente ata que xurdan iniciativas ou razóns determinantes dunha maior complexidade urbanística que aconsellen a formulación dun plan xeral de ordenación municipal polo respectivo municipio.

MEDIO AMBIENTE PREVÉ QUE ESTE VERÁN SE INICIE A TRAMITACIÓN AMBIENTAL DOS PLAN...