martes 27/10/20

Porqueira parece un pobo pantasma. Así da gusto (Susana Vázquez)

Temos un concello xa libre se virus

Creo que temos un concello xa libre se virus, a persoa afectada recupérase moi satisfactoriamente e os que están en cuarentena non presentan síntomas.

2019022819511527312

Segundo Susana Vázquez, neste momento  o seu concello está completamente libre de virus.

As zonas máis vulnerables, como pode ser a residencia e a farmacia  desinféctanse case a diario. Bombeiros, Deputación, Xunta e o propio Concello, co único traballador que nos quedou na brigada facemos unha desinfección diaria. Coa colaboración dos agricultores, os pobos desinféctanse dous días a semana.

UNHA RESIDENCIA TOTALMENTE INFRANQUEABLE

2019022819511545000Así se pode definir a situación na que se atopa a residencia de maiores xestionada polo propio Concello por mor das medidas de seguridade hixiénica que neste momento teñen as persoas que residen na residencia, todas elas de alto risco. O persoal que traballa na mesma, o cal, de momento e esperemos que sexa así ata que remate esta pandemia, están todos ao 100%,   ten que mudar de roupa, deixando a súa fora.

Susana Vázquez (Foto arquivo dendealimia)

Nestes momentos xa temos todo o material necesario, mascarillas, pantallas de protección, batas luvas etc. A roupa ao rematar o traballo queda, e lávase na residencia, co que non debería haber  ningunha transferencia posible.

Tamén cos internos se tomaron medidas adicionais, como poden ser a de que os “avos e avoas” comen máis separados, en varios quendas. Así mesmo as relacións coas familias mantense a miudo con videochamadas para que tanto os de dentro como os de fora  estéan informados de como están os seus familiares, o que non se pode e vir a visitalos.

Ademais de todas estas medidas estase facendo no seu interior a desinfección con máquina de ozono.

A alcaldesa  Susana Vázquez, quere agradecer a Xunta a achega de todos os materiais tanto de protección como de depuración. A  Deputación polos vehículos e o persoal para a desinfección , así como aos bombeiros.

BANDO PARA ENTREGA DE MATERIAL PARA OS VECIÑOS.

Continúa a conversa con Susana comentando o Bando que acaba de sacar o Concello onde comunica aos veciños que todos aqueles que necesiten mascarillas ou luvas para ir a farmacia, ou para persoas de alto risco, aínda que xa o Concello, cos seus voluntarios de Protección Civil, ten un servizo de levar a cada domicilio o que se necesite, as medicinas, a compra ou calquera outro servizo, como pode ser a impresión de deberes, unha vez que comecen outra vez as clases virtuais, para o alumnado do seu Concello.

IMG-20200408-WA0002Para calquera destas cuestións, ou calquera outra pon a disposición de todos os veciños o seu telefono o do Concello e o de Palmiro a persoa responsable destas funcións.
O que queremos e que Porqueira, continúe sendo un pobo pantasma, ata que todo isto remate, despois volveremos a ser o pobo hospitalario de sempre. De momento rogamos que os nosos veciños que residen fora, se absteñan de vir, seguímolos querendo moito, pero nestes momentos dende a distancia.
UN LITRO DE XEL DESINFECTANTE A  40 €
Para rematar esta charla, Susana cóntanos que houbo algunha firma  que chamaou para ver si necesitábamos desinfectante, atrevéndose a pedir 40 €/L. Sempre hai alguén que se quere lucrar con estas cousas. Por sorte e grazas as institucións como Deputación e Xunta a residencia está totalmente abastecida.