sábado 19/6/21
Porqueira, cataloga 4 Bens de interés natural e un Ben de Interese Cultural, a Torre da Forxa.

Porqueira terá 31 núcleos rurais no seu municipio, segundo o plan aprobado pola Xunta

Delimita individualmente o núcleo de Faramontaos-Pedrosa por ter unha estrutura recoñecible e diversa.

210527 AVM PORQUEIRA 1

TORRE PORQUEIRAO plan aprobado inicialmente hoxe delimita 31 núcleos rurais ‑19 deles tradicionais, 11 que combinan partes tradicionais e comúns e 1 común de tipo polinuclear‑ que abranguen os 30 asentamentos de poboación identificados xa en Porqueira polo Plan básico autonómico.

Entre as principais novidades que implica a ordenación incluída no novo documento cómpre subliñar que se delimita individualmente o núcleo de Faramontaos-Pedrosa por ter unha estrutura recoñecible e diversa.

Así mesmo, o documento recolle as dotacións existentes no termo municipal e, ademais, identifica os elementos do patrimonio cultural e natural de Porqueira. Concretamente, cataloga un total de 13 elementos arqueolóxicos, 47 de tipo arquitectónico, 97 etnográficos, 4 naturais e un Ben de Interese Cultural, a Torre da Forxa. Destes 162 elementos identificados, cómpre subliñar que a gran maioría (concretamente 124) foron incorporados ao longo do proceso de elaboración do propio PBM, froito dun exhaustivo traballo.