miércoles 5/8/20

Segundo caso oficial de covid-19 na Limia

No Concello de Porqueira

Edificio consistorial de Porqueira
Edificio consistorial de Porqueira

A Alcaldesa de Porqueira Susana Vázquez acaba de emitir un bando, para por en coñecemento dos  seus veciños  a confirmación do primeiro caso dun veciño contaxiado polo covid-19.

Continúa o comunicado da alcaldesa que seguindo os protocolos establecidos polas autoridades Sanitarias procedeuse ao illamento dos seus familiares e demais persoas que tiveron contacto coa persoa afectada.

Para que non se comece a rumuroloxía abundante nestes casos dicir que  apersoa afectada xa se encontra hospitalizada e non é ningunha persoa maior da residencia de Porqueira.