miércoles 30/9/20
O turismo saíuse da vía pola marxe esquerda da estrada e envorcou no km 3,600 da vía Ou-1114

Dous cativos feridos leves tras envorcar o vehículo que conducía a súa nai, en Rairiz de Veiga

A condutora e outro rapaz, compañeiro dos pequenos, tamén resultaron feridos e atópanse fóra de gravidade.

Os catro ocupantes do automóbil xa foron trasladados ó Hospital Cosaga (Ourense). 

O Peugeot 207 accidentado hoxe, 17 de agosto, na estrada Ou-1114 que conecta Rairiz de Veiga con Vilar de Santos. | FOTO: Cedida.
O Peugeot 207 accidentado hoxe, 17 de agosto, na estrada OU-1114 que conecta Rairiz de Veiga con Vilar de Santos. | FOTO: Cedida.

Segundo fontes oficiais, ás 14:30 horas da tarde de hoxe tivo lugar un accidente de tráfico na estrada Ou-1114, que une Rairiz de Veiga con Vilar de Santos. O sinistro produciuse á altura do km 3,600 no tramo pertencente ó municipio de Rairiz. 

O Peugeot 207 circulaba pola estrada cando a condutora -duns 40 anos- perdeu o control do vehículo que saíu da vía pola marxe esquerda e rematou envorcando

Os catro ocupantes do turismo -a muller, os dous fillos e un compañeiro dos rapaces- resultaron feridos leves e xa foron trasladados ó Hospital Cosaga, en Ourense.

Ó lugar dos feitos acudiron os efectivos de Protección Civil de Rairiz de Veiga, os bombeiros do Consorcio Provincial do Parque da Limia, unha ambulancia do servizo de emerxencias 061 e o Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín. 

Comentarios