miércoles 08.04.2020
Rairiz de Veiga

Comezan os preparativos para a Saínza 2017

O xoves preséntase oficialmente a edición da Romaría da Saínza 2017.

Imaxe de arquivo da Romaría da Saínza no 2014.
Imaxe de arquivo da Romaría da Saínza no 2014.

Mañá xoves, ás 11:00 horas, terá lugar a presentación oficial e institucional da "Romaría da Saínza 2017". Será na sala de xuntas do Pazo Provincial.

O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; da colaboradora da Romaría, Ana Belén Míguez; e dos membros da asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez e Jose Antonio Cao.