martes 10.12.2019

O concello de Rairiz de Veiga vai a facer unha RPT para aforrar cartos e botar persoal

Pero fai dous meses que a alcaldesa se puxo un soldo de 2.000 € por 25 horas semanas e unha concelleira 800€/mes por 10 h/semana

Pleno rairiz 23.11.
Pleno rairiz 23.11.

Esta foi unha das controversias entre a alcaldesa e a oposición, ante a pregunta de como vai facer para aforrar cartos , e non ser  o 3º concello da provincia con máis morosidade.

A alcaldesa contestou que aforrará votando persoal, aínda que ela vai a seguir cobrando.

Ante a petición de Manuel  Ferreiro, ata esta semana portavoz do PP, agora en” territorio hostil”, de que ensinara de unha vez as contas, tal e como prometeu, Asunción Morgade respondeulle :

Morgade Rúa, alcaldesa de Rairiz de VeigaMandeiche unha carta certificada para que viñeras a comisión, pero non acudiche, así que agora…”. Manuel  di que non recibiu nada.

PETICIÓN POR ESCRITO

Outra das cuestións  na que a alcaldesa se comprometerá a traer este pleno era á dos informes de reparo que lle fixera a Secretaria durante o seu curto mandato, ó  que a mandataria respondeu : “non teño porque darchos”

Ante esta situación os catro membros da oposición xa asinaron un escrito con rexistro de entrada no concello, solicitándolle os informes a secretaria.

Tampouco  trouxo ao pleno os membros que conforman a asociación que se fai cargo da festa da Sainza, cuestión que tamén se comprometerá  a entregar neste pleno celebrado na mañan do xoves en Rairiz de Veiga.

Comentarios