martes 20/10/20
Gabriel Alén visitou, xunto cos alcaldes e alcaldesas, algunhas zonas "negras" da provincia

O novo delegado territorial da Xunta viaxa aos territorios máis castigados polas lapas

Gabriel Alén, realizou a súa primeira visita como delegado da Xunta resaltando a labor de brigadas e medios de extinción.

WhatsApp Image 2020-09-22 at 00.28.48
O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, durante a súa visita aos municipios afectados polas lapas.

Os territorios de Cualedro, Monterrei e Rairiz de Veiga foron visitados polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén. Quixo comprobar, de primeira man, a situación actual dos territorios castigados polo lume na última semana. Trátase da primeira das visitas oficias que realiza logo de ser nomeado como responsable da Xunta de Galicia en Ourense. 

O delegado mostrou interese por coñecer e analizar, xunto cos respectivos alcaldes e alcaldesas destes concellos, cales son as necesidades reais e que estratexia de acción se presenta a partir do acontecido. 

Durante o percorrido, fíxose especial mención a todo o traballo dos servizos de extinción, ao igual que o dos medios de emerxencias que participaron, en conxunto, no control das lapas. Hai que lembrar, en total, foron case de 2.000 hectáreas de superficie as afectadas polo lume nos municipios. En concreto, en Cualedro case 1.400 e en Rairiz de Veiga 250 hectáreas. 

Non podemos esquecer que máis de 2.000 profesionais loitaron sin descanso contra vento e marea para, primeiro controlar e logo extinguir os diferentes incendios que se declararon nestas zonas da provincia de Ourense. Outros 38 medios aéreos fixeron o propio con este mesmo obxectivo común. 

Gabriel Alén tamén lembrou que a colaboración cidadá e a das administracións locais foi e segue a ser de vital importancia para a protección de todo o noso territorio natural. 

Lembramos que, para a denuncia de calquera sospeita ou feito relacionado cos lumes, existe o teléfono 900 815 085, o cal é gratuito e anónimo. 

 

 

 

Comentarios