domingo 19.01.2020

Non fixo falta utilizar o “BAR” para dilucidar o final da batalla da Sainza

Os cristiáns outro ano máis venceron coa axuda da súa virxe da Mercé

Non fixo falta utilizar o “BAR” para dilucidar o final da batalla da Sainza

Un ano máis e van 176 despois da procesión e da misa de campaña  no campo onde máis tarde se ía a desenrolar a batalla de Mouros e Cristiáns , as tropas de ámbolos dous bandos se posicionaron para a mesma.

“Os parlamentos” non serviron de nada e as verbas deron paso as espadas para , primeiro tomar o Castelo e despois vencer definitivamente as tropas dos “infieis”.

IMG_6982

Miles de persoas seguiron a celebración e despois de asistir a batalla, deron boa conta dos manxares tanto en familia, polos diferentes campos, como nos postos  de comida tradicionais en calqueira romería da nosa terra.

IMG_6973IMG_6972