martes 21/9/21

Rairiz nomeou a súa nova xunta local tras a marcha dun concelleiro

O nomeamento tivo lugar na mañá do luns

rairaiz

    O Concello de Rairiz de Veiga procedeu a celebrar unha xuntanza este luns para dar conta do novo grupo de goberno trala marcha do edil Juan Manuel Gómez. Deste xeito o Partido Popular pasa a estar integrado por Asunción Morgade, actual alcaldesa: José Antonio Fernández, primer tenente de alcalde; Manuel Ferreiro, segundo tenente de alcalde e voceiro; Manuel Corderí, terceiro tenente de alcalde; Flores Pérez e Alfredo Rodríguez.

Juan Manuel que deixa as filas populares pasa a ser concelleiro non adscrito. 

Na sesión tamén se deu conta do informe do plan de axuste que se refire ó cuarto trimestre de 2015, e non que se establece que non se reduciron os costes de persoal. Neste senso, o voceiro socialista, Pablo Lorenzo, sinalou que o gasto en persoal disparouse nos últimos meses coas novas contratacións. Lorenzo dixo temer que Rairiz sexa outro dos concellos que máis partidas de orzamentos destina para pago de nóminas, como o de Xinzo. 

Pola súa banda a rexedora, Asunción Morgade, apuntou que ó que se procedeu foi a prorrogar contratos que xa existían. Anunciou que sacou á luz novas contratacións esixindo titulación "cousa que antes non se facía", resaltou. 

O Concello ten previsto presentar os orzamentos para este 2016 a finais do mes de febreiro. 

Comentarios