viernes 23/10/20

Rairiz de Veiga tamén celebrou o domingo de Ramos

domingo de Ramos en Rairiz

A igrexa de San Xoán, quedouse pequena para a cerimonia

Todo o pobo, ao igual que ocorre na maioría das  parroquias da Limia, reuniuse nun dos días grandes de celebracións relixiosas.

O momento máis esperado, como non, é o da bendición dos ramos de oliveira e loureiro, que no caso dos máis pequenos , de todos  eles colgan chocolates e caramelos para a saída.

A mesma escena  de Rairiz de Veiga, que representa perfectamente o que ocorre nos demais  pobos,  tódolos veciños que viven asiduamente fora,  voltan cos seus familiares  e no que os pequenos , como manda aínda a costume aproveitan para estrear.

Tamén a celebración contaba por primeira vez, despois da súa toma de posesión como párroco,  a D.Emilio Casal Selas, que foi nomeado fai poucos meses, facéndose cargo neste caso de outra parroquia máis da Limia.

Comentarios