jueves 29/10/20

A Saínza ultima os preparativos para que comecen os días grandes da romaría

sainza 2

    Xa o di o dito popular "chegou o día, chegou a romaría" e na Saínza están a piques de comezar os seus días grandes de festa. 

A néboa tardou en retirarse da zona mentres os feirantes traballaron arreo para colocar os seus postos. Todo ten que estar listo para que comece a Romaría da Saínza 2016. 

sainza1

O venres arranca a celebración cos máis pequenos con xogos populares no campo da festa a partir das 17.30h. A orquestra Galilea comezará co seu pase musical ás 23h e volve a Noite Moura cun concerto  de Ménãge à Trois ás 3h da mañá.

O sábado abrirá as portas a I Feira de Artesanía Sainzarte no campo do castelo con artesáns de toda Galicia, dende ás 12.30 ás 19.30h. Este mismo día tamén se organiza a I Quedada de Músicos Tradicionais no campo da festa a partir das 12.30h. Pola noite a música corre a conta da orquestra Royal a partir das 22h e co grupo Derroche ás 2.30 da mañá no campo da festa. 

 A xornada do domingo estará amenizada pola charanga XL de Xinzo con dous pases un de 14 a 15h e outro de 16.30h a 18.30h.O pasarrúas de gaiteiros do domingo corre a cargo da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Xa pola tarde a orquestra Paris de Noia porá o broche final á romaría coa súa actuación a partir ds 18.30h.

Por suposto non faltará o combate entre mouros e cristiáns. O sábado o asalto ó castelo terá lugar ás 00h e o combate final será o domingo a partir das 13h. 

En canto ó tempo e segundo informa Meteogalicia, o venres a xornada será soleada pero cara a noite as temperaturas baixarán ata os 10º. O sábado o día permanecerá con nubes altas e coa chegada da noite aumenta a posibilidade de precipitacións, así as cousas serán de caracter feble e as temperaturas subirán. O domingo vai ser un día marcado polo bo tempo recuperándose a influencia do anticilón con 25º de máxima. 

Comentarios