miércoles 12/8/20

Os socialistas de Rairiz de Veiga impulsan medidas para eliminar amianto tóxico das canalizacións de agua potable dos pobos do concello

Esta será unha das  mocións que levarán o próximo 

62
62

 Os socialistas de Rairiz de Veiga queren acabar de inmediato coas canalizacións elaboradas con fibrocemento –un material prexudicial e prohibido na UE dende hai unha década– que subministran auga potable a vilas do concello e, por iso, rexistraron unha moción para o seu debate e votación no próximo pleno municipal, na que reclaman proceder, de xeito inmediato, á substitución dos tramos da rede de abastecemento que contan con canalizacións fabricadas con estes materiais que poñen en risco a saúde dos veciños e veciñas.

A moción reclama a supresión do amianto en tódalas construción deste concello ourensán que aínda conteñan este material, e pon o foco especialmente na rede de abastecemento das localidades de Santa Baia e A Saínza. O texto solicita a posta en marcha de campañas de sensibilización e información para os habitantes da zona. Tamén propón instar a Deputación de Ourense á creación dunha liña de axudas públicas para a eliminación do amianto, e a adopción dun convenio marco cos municipios para a elaboración dun inventario que recolla a presencia do amianto nas construcións de titularidade municipal. Ademais, reclama á Xunta de Galicia a que elimine este material tóxico das construcións da súa titularidade.

O voceiro do PSdeG-PSOE neste concello, Pablo Lorenzo, considera “imprescindible e inaprazable” retirar, de inmediato, o amianto das canalizacións de agua, así como “fundamental” informar a poboación dos seus riscos. “Debemos dar a coñecer o procedemento de detección do amianto e os problemas que comporta para a saúde, así como o grave risco que supón a manipulación inadecuada para evitar problemas durante o proceso de retirada destes materiais e os seus residuos”, asegura.

Lorenzo demanda a implicación “inmediata” da administración autonómica e provincial: “O tratamento e retirada destes materiais é complicado pola súa perigosidade e custoso para ser feito polos veciños e veciñas e, por iso, moita xente segue a convivir cos tóxicos nas súas casas ou granxas”. “Esta situación de permanencia do produto tóxico entre a veciñanza debe implicar ás administracións públicas”, insiste. O voceiro do PSdeG-PSOE en Rairiz de Veiga recorda que “ante a inacción do PP nas administracións públicas, os socialistas sí traballamos activamente para impulsar medidas en prol da protección da saúde e para a eliminación do amianto e doutros tóxicos".

Comentarios