jueves 6/5/21

Veciños da Sainza en Rairiz de Veiga, paralizan unha obra do Concello

Denuncian que o anterior  alcalde falsificou documentos

IMG-20210114-WA0007
Veciños da Sainza, paralizando as obras

Veciños da Sainza, paralizaron onte as obras que o concello pretendía e pretende levar a cabo para a construción dunha nave para maquinaria en terreos comunais.

XAQUÍN RODRÍGUEZ, O EX ALCALDE, VOLVE A ESCEA

Cando chegaron os operarios da empresa para marcar o terreo os veciños, copropietarios dos mesmos achegáronse ata o lugar para non deixar continuar cos traballos.

Ao mesmo tempo presentaron unha denuncia na Garda Civil, por ocupación de terreos comunais sen permiso.

Denuncian os veciños, que todo foi unha manobra do anterior alcalde Xaquín Rodríguez, condenado por prevaricación, que falsificou uns documentos de cesión ao concello por parte dos veciños, cousa que nunca sucedeu.

A OPOSICICIÓN NON SABE NADA

Veciños de rairiz, ante o concello

Esta mañá o mesmo grupo de veciños achegáronse ata as oficinas do Concello para saber en que pleno se acordara facer esa obra, e ao parecer ningún membro da oposición sabía nada do tema.