O fiscal recurre a sentenza dos alumnos desescolarizadas de Rairiz de Veiga

colexio rairiz
O fiscal recurre a sentenza dos alumnos desescolarizadas de Rairiz de Veiga

Os proxenitores quitaron as súas fillas do colexio porque as veían pouco motivadas


As razóns da xueza polas que as dúas nenas de Rairiz de Veiga foron retiradas do colexio para ser educadas na casa, non convenceron a fiscalía. O fiscal do caso estima que a desescolarización absoluta dun menor pode provocar o abandono escolar ao non ser considerado un feito delectivo.

Estas dúas nenas foron sacadas do colexio, porque os seus pais non nas veían motivadas, para ser educadas na casa polos proxenitores con apoyo on line dende EE.UU. Os responsables das cativas non teñen ningunha formación e a institución académica que empregan como apoio non é recoñecida en España. O fiscal, Miguel Ruiz, recalca o feito de que hay asignaturas como o galego que imparten directamente os pais e, polo tanto, é unha formación incompleta. A pesar de declarar que están preparados para educar o seus fillos en millores condicións que os profesores titulados.

A fiscalía acusaba os país de delito de abandono de familia e pedía seis meses de cárcere. A xueza, ao exculpar na sentencia aos pais deste caso, entendía que estaban cumplindo co deber de posibilitar a educación dos menores, non existindo situación de desamparo ou riego social.