sábado 5/12/20

Así quedou a torre de Sandiás despois dos traballos de conservación

Esta torre da homenaxe, está declarada Ben de Interese Cultural
Torre de Sandiás
Torre de Sandiás

Neste Día Internacional do Patrimonio Mundial, mostramos como quedou a azotea da torre medieval de O Castro, de Sandiás, tras as súas recentes obras de consolidación (e como estaba antes).

Torre de Sandiás 2

Esta torre da homenaxe, declarada Ben de Interese Cultural, contaba con varios niveis: soto, tres plantas e azotea.
Na parte interna do muro da torre que dá cara ao leste apréciase un oco á altura da terceira planta.
Trátase dunha escaleira interior que dá acceso á azotea. Dita azotea atopábase cuberta dunha densa vexetación.
A intervención constou de varias accións:
- Roza, limpeza manual e retirada de terra.
- Selaxe manual das xuntas de pedra de sillería.
- Recolocación de perpiaños de cantería.
 Recalce de cimentación con cachotería irregular de pedra de granito compacta amasada con morteiro de cal.
- Por último, realizouse unha estrutura de peche para recuperar e protexer a escaleira que dá acceso á azotea. Esta consta dun marco e unha tapa con pendente a catro augas de aceiro inoxidable.

Información feita por via Lethes grazas a aportación de Pepe Gándara, concelleiro de Cultura de Sandiás