jueves 6/8/20

Centos de romeiros visitaron o San Benito no monte A Uceira de Sandiás

    A veciñanza de Sandiás e multitude de persoas de toda a Limia acudiron ó santuario de San Benito na mañá do domingo para cumprir coa tradición.

sandias 2

Achegáronse ata o santo para bicarlle os pés, pasarlle o pano pola cara e facerlle peticións, entre elas non podía faltar a de curar as verrugas. 

Ó longo da mañá celebráronse dúas misas, a primeira delas ás 10h e a segunda, a máis multitudinaria, ás 11h. Non faltou a procesión polo recinto do San Benito acompañada dos fieis e amenizada pola música dunha agrupación. 

sandias 1

O Concello de Sandiás despregou ós medios de Protección Civil para garantir que os actos transcorresen con normalidade e así foi. 

sandias 3

Ó remate dos actos relixiosos tivo lugar unha comida para degustar polbo e carne e que estivo acompañada polo bo tempo que fixo na xornada do domingo. 
 

Comentarios