sábado 18/9/21

COMEZARON AS OBRAS DA RÚA SOPENEDO EN VILARIÑO DAS POLDRAS

A actuación ten un orzamento de 48.000 €

fot 1

foto 2Deron comezo as obras de humanización da rúa Sopenedo na aldea de Vilariño das Poldras, no Concello de Sandiás.  Este proxecto contou cun orzamento de 48.000 euros, financiado con cargo ao Plan Provinciais para os Concellos 2021 da Deputación de Ourense e foi licitada e adxudicada a empresa CONSTRUCCIONES VISO E HIJOS.
O obxectivo desta actuaciónn foi principalmente mellorar a rede de abastecemento para lograr unha mellor calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. Culminarase, como consecuencia das obras, co alfaltado da estrada que percorre a parte do pobo corresponde.
O Concello de Sandiás estivo inmerso últimamente en varias obras de mellora en materia de abastecemento e saneamento coa finalidade de renovar as redes de saneamento e abastecemento deterioradas con tempo.