sábado 5/12/20

O concello de Sandiás abre un punto de información catastral

Fora unha petición da Xunta de Goberno

Logo de que a Xunta de Goberno Local acordara iniciar os trámites para pedir este servizo, o rexedor, #FelipeTraveso, comunica que a petición foi atendida de forma favorable, por tratarse dun #servizomoiutilizado e que lle #evitará aos veciños numerosos #desprazamentos.

Coa posta en marcha do Punto de Información Catastral ( #PIC), pódense realizar os seguintes #trámites:

Consulta de datos catastrais non protexidos e certificación da referencia catastral.

Consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polo titular catastral, representante ou autorizado.

Certificación negativa.

Consulta polo titular catastral sobre información de solicitude de axuda da PAC.

información catastral Sandiás

#Ubicación: Casa do Concello

Campo San Nicolás, 2, 32692

Sandiás

O #horario de atención ao público é de 9.00 h a 14.00 horas de luns a venres, na Casa do Concello.

#Teléfono: 988 46 50 01