jueves 09.04.2020

O Concello de Sandiás co 8M

Día Internacional da Muller
Homenaxe a "muller labrega" en Sandiás
Homenaxe a "muller labrega" en Sandiás

Co motivo do Día Internacional da Muller, o Concello de Sandiás en colaboración coa Escola de Saúde da Limia organizou, hoxe, 6 de marzo unha charla na Casa da Cultura, co obxectivo de dar visibilidade o día da muller e dar recoñecemento a muller galega e traballadora.

Encargouse da charla-conferencia de xeito brillante e ameno, María Dolores Rico Barrena (coordinadora do programa X-Nosotras), sobre a muller traballadora na emigración e tamén facendo memoria das mulleres que tiveron que quedar na súa terra mentres o home emigraba.

A continuación da charla, os asistentes participaron nunha ofrenda floral no monumento de homenaxe a muller labrega, como sinal de memoria, gratitude e esperanza no futuro.