miércoles 27.05.2020

O Concello de Sandiás confirma que un veciño está contaxiado polo covid-19

Solicita a colaboración dos veciños para desinfectar

O Concello de Sandiás confirma que un veciño está contaxiado polo covid-19

O alcalde de Sandiás fai unhas horas, que mediante un bando comunica aos seus veciños que un dos seus veciños encontrase contaxiado e dous máis pendentes de confirmación.

Segundo o comunicado oficial, todas as persoas que tiveron contacto con estes veciños xa están avisadas.

Así mesmo solicita de toda a veciñanza que extremen as medidas de seguridade, sobre todo a de quedarse na casa.

NOVA DESINFECCIÓN

Tamén faille saber a veciñanza que mañá xoves fará outra desinfección total dos pobos do concello, para a que solicita a colaboración dos agricultores que poidan acudir cos seus tractores para facela o máis rápida posible. Loxicamente remata o alcalde que os materiais necesarios achegaraos  o Concello. Informa dos teléfonos aos que poden chamar aqueles que se ofrezan para colaborar coa desinfección. O teléfono é o 988 465 001 de 09:00 a 14:00 e despois desa hora ao 674 304 088.

No comunicado  o alcalde e a corporación quere transmitir o apoio aos afectados e os seus familiares, ofrecéndose a colaborar como sempre, no que necesiten.

O Concello de Sandiás confirma que un veciño está contaxiado polo covid-19