Convenio entre o concello de Sandiás e o de Xinzo

Concello de Sandiás
Convenio entre o concello de Sandiás e o de Xinzo
Para o arranxo do "Camiño das Aforadas"

A Xunta cobre a subvención ata os 50.000 euros e a cantidade restante, 25.000 Euros, ao 50% entre o Concello de Xinzo e o Concello de Sandiás.

O “Camiño das Aforadas” trátase dunha vía emprazada entre a N-525 e a estrada de Celanova. As obras farán posible a mellora do firme moi deteriorado polo intenso tráfico de vehículos.

O importe total da inversión total é de 75.294,11 Euros.