jueves 24/9/20
Magosto en Sandiás

A Corte dos Bois celebra o seu magosto popular.

Non rematan os magostos na comarca da Limia.

Cartaz do magosto na Corte dos Bois.
Cartaz do magosto na Corte dos Bois.

O local cultural de Santa Ana -no municipio de Sandiás- "A Corte dos Bois" organiza, o vindeiro sábado día 26 de novembro, o seu magosto a partir das 20 horas.

Haberá unha cea onde non faltará churrasco, chourizos, empanada, viño, castañas, bica e licor café. Tampouco podía faltar a boa música para amenizar a xornada. O evento contará coa actuación do grupo galego "Mitocondrias". O prezo da entrada ao festexo é de 8 euros.

Comentarios