lunes 16.12.2019

A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o PAI de Sandiás que é un dos centros beneficiados

Acompañouna na vista ao Punto de Atención a Infancia o alcalde Felipe Traveso

 

A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o PAI de Sandiás que é un dos centros beneficiados

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o Punto de Atención á Infancia de Sandiás, que xunto co PAI da Arnoia e as Escolas Infantís de Celanova e Barbadas son os centros ourensáns nos que executarán melloras grazas a estes apoios.

221119 PAI Sandias2

No caso do PAI de Sandiás, a Xunta concedeulle 26.400 euros para obras de acondicionamento, adquisición de mobiliario e de novas tecnoloxías con cargo a esta orde de axudas, que está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Durante a visita Díaz Mouteira coñeceu as melloras que se realizarán neste centro  e que consistirán na instalación de falso teito acústico con illamento térmico e substitución da iluminación por leds, así como na cubrición de parte do patio exterior para ampliar a zona de xogos cuberta. Ademais, se adquirirá mobiliario e novo material didáctico e de xogo, así como dispositivos para a integración de novas tecnoloxías na aula (ordenador, impresora, proxector e mesa interactiva).

A delegada territorial considera fundamental mellorar os centros da rede galega de recursos para menores de 0 a 3 anos que xa veñen funcionando, o que repercutirá na mellora da calidade da atención recibida, ademais de apoiar a conciliación e contribuír a fixar poboación no rural.

A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o PAI de Sandiás que...